O congreso do Centro de Estudios ábrese mañá con máis de medio centenar de asistentes

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O ‘XIII Congreso do Centro de Estudios Chamoso Lamas’ celébrase nesta vindeira fin de semana cun total de 25 actividades, entre ponencias, comunicación, proxeccións e excursións, ademais dunha alta participación de asistentes, que superará o medio centenar según as previsións da organización. Esta edición, que leva por título “Historia, Arte e Arquitectura Relixiosa nas comarcas do Carballiño e O Ribeiro”, celebrarase o venres, 4; sábado, 5, e domingo 6 de outubro, en tres lugares diferentes: Casa da Cultura do Carballiño (venres), Casa da Bexanca-Cabanelas (sábado e domingo pola mañá) e Adega Pazo Tizón (domingo pola tarde). Haberá un servizo de microbús gratuito entre O Carballiño a Cabanelas e entre O Carballiño e Moldes, co fin de facilitar o traslado dos asistentes ao congreso. Entre as actividades vencelladas coa celebración este ano do 150º aniversario do nacemento de Antonio Palacios, os organizadores disculpan a ausencia por motivos de saúde do catedrático emérito de Arquitectura e Urbanismo da Universidade Politécnica de Madrid José Fariña Tojo, fillo de Xosé Fariña Jamardo, que ía falar sobre “Antonio Palacios, más que un arquitecto”. O que sí está confirmada é a presentación do “Proxecto Atlas Palacios 2024-2026” por José Manuel Mouriño; a “Homenaxe póstuma a Rafael Jorreto Cifré, aparellador da construcción do templo da Veracruz”, e a proxección do documental “O Andar da Pedra”, realizado polo departamento de audiovisuais do IES Chamoso Lamas.

Será precisamente este visionado o que abra mañá as actividades do congreso, unha vez que realizada a recepción aos participantes e o acto oficial de inauguración, previsto para as 10,45 horas na Casa da Cultura do Carballiño. 11,30 h. A sesión matinal continuará coa presentación das ponencias “Fondas e tabernas rurais, centros de difusión e animación patrimonial. Rexistro e localización no entorno de Froufe e Espiñeira (O Irixo)”, por parte de Alicia González Barreiro; “Os palcos da música na comarca do Carballiño: tipoloxía, funcións, conservación, integración”, de Esteban Decabo, e reamtará con “Os seres vivos e as variacións climáticas”, que exporá o profesor Miguel García. Na xornada do sábado terá lugar unha excursión a Mondaríz Balneario para realizar unha visita guiada polas edificacións de Antonio Palacios nesta vila termal. Haberá un autobús gratuito para o desprazamento das persoas interesadas. Sairá da rúa Evaristo Vaamonde ás 9 de mañá e regresará ao mesmo lugar sobre as 13,30 h, aproximadamente