josé Antonio Suárez e Alberto Iglesias e “pisko” Ventín, os gañadores en Cuntis

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Cuntis acolleu esta fin de semana a sexta e penúltima parada do Campionato Xunta de Galicia de Rallymix, que nesta ocasión foi a parar a mans de Alfonso “Pisko” Ventín na agrupación A e José Antonio Suárez e Alberto Iglesias, na B.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A carreira pontevedresa, celebrada baixo un forte temporal, esixiu un enorme esforzo por parte dos organizadores e equipos inscritos na proba, xa que por momentos o terreo non era quen de drenar a enorme cantidade de auga caída. Desta forma, e por seguridade, decidiuse non celebrar a derradeira manga oficial do domingo.

Nesas catro mangas celebradas, o mellor equipo clasificado foi o formado por José Antonio Suárez e Alberto Iglesias, que no Skoda Fabia RS Rally2 deteron o crono en 46:40.489, convertíndose ademáis nos vencedores da agrupación B.

O segundo posto da clasificación, nunha proba realmente complicada foi para Alfonso “Pisko” Ventín, que engadiu unha nova victoria ao seu palmarés dentro da agrupación B e un primeiro posto dentro da Copa MRF.

O terceiro chanzo do podio foi para o segundo clasificado da agrupación A, Francisco José Pérez e Manuel Mosquera, nun Can-Am Maverick.

Completaron os cinco primeiros clasificados da xeral, Ismael Neira (3º agrupación A e 2º Copa MRF) e Alejandro Fariña, ámbolos dous sobre Kincar.

A terceira posición dentro da Copa MRF foi para David González, que ocupou o sexto lugar da xeral.

Na agrupación B acompañaron a “Cohete” Suárez e Alberto Iglesias no podio, Dani Remuiñán e Álvaro Cerqueiras e os irmáns Tino e Jorge Iglesias.

Eduardo González e Esther Charro foron os mellores clasificados na Copa Pirelli Dianteira, seguidos de Miguel Ángel Caeiro e Daniel Figueiras e Juan Manuel Cagiao e Iván Bergondo.

Por último, dentro da Copa Escuderías, primeiro posto para Juan Manuel Cagiao e Iván Bergondo, con Carlos Maquieira e Jesús Tobío xusto a continuación.

O Campionato Xunta de Galicia de Rallymix porá o seu punto e final durante os días 25,26 e 27 de outubro na localidade ourensá de Barbadás.