O Arenteiro caeu no campo do Barakaldo (2-0)

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Arenteiro rematou a súa racha de tres partidos gañados tras caer o sábado no campo de Laserrare ante o Barakaldo por dos goles a cero, a pesares de que os verdes desprazáronse ata Euskadi coa confianza de estar a facer ben as cousas, tal e como comentaba o adestrador, Raúl Jardiel, na previa. O conxunto vasco saíu con moita forza e tentou facer dano con varios disparos a porta que atallou o meta Diego García. No minuto 37, un centro de Pablo Santiago é golpeado por Huidobro coa cabeza ao fondo da rede do Arenteiro. No segundo tempo, o equipo verde saíu con máis decisión, pero no minuto 61 Jesús Martínez marcaba o 2-0, e o ataque do Arenteiro tivo o seu premio nunha falta de penalti sobre David Ferreiro, que fallou Martín Solar ao ser detido o lanzamento polo porteiro Unai Pérez.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O técnico Raúl Jardiel valorou o traballo defensivo dos seus xogadores na primeira parte e destacou a súa transformación na segunda con máis profundidade no ataque, ante un Barakaldo que soubo manter constante o seu nivel durante todo o partido.

Esta derrota coloca ao conxuntoo que adestra Raúl Jardiel no oitavo posto da clasificación cun total de 10 puntos, dous menos cá o seu próximo rival, o Nàstic de Tarragona, que vén de empatar en Lugo 2-2. A cita, o vindeiro domingo, 13 de outubro, no campo municipal de Espiñedo e dende as 15,30 horas.