Operarios municipales e axentes da Policía Local do Carballiño levaron a cabo esta mañá as tarefas de precintado dos accesos ao Parque Municipal, debido a alerta por un forte temporal de choiva e vento para a tarde e noite desta xornada de martes e que ten a súa orixe no furacán ‘Kirk’, que se está a desprazar cara as costas de Galicia dende o Atlántico Norte. O obxectivo do Concello do Carballiño é evitar que tanto veciños coma visitantes poidan adentrarse na paraxe natural e, dese xeito, previr calquera tipo de accidente derivado da caída de árbores, así como acceder com vehículos á avenida de Arenteiro polo risco da anegamento desta vía que discurre parella ao cauce fluvial. As cintas e sinais de prohibición de entrada foron instaladas na entrada ao Parque dende as avenidas residencial e de Vigo e en ambos sentidos de circulación da avenida do Arenteiro, prevéndose tamén vedar o acceso á ponte do Muíño das Lousas.
A concelleira responsable da área de Medio Ambiente do Carballiño, Elvira Torres, fixo un chamamento á veciñanza para que tome medidas de precaución.
A Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias do Ministerio do Interior, dacordo coas prediccións da Axencia Estatal de Meteoroloxia (AEMET) alertou da presenza do furacán ‘Kirk’, que vén acompañado de ventos asociados próximos aos 120 quilómetros por hora, aínda que as autoridades confían en que perda as súas características tropicais, o que dará lugar a unha borrasca atlántica que p¡roducirá ventos moi fortes. Ademais de Galicia, as comunidades de Asturias, Cantabria, País Vasco, Illas Baleares, Castela-León, Catalunya e Andalucía tamén contan coa situación de ‘alerta laranxa’ por choivas e ventos. Según as previsións da AEMET, o temporal irá extendéndose mañá ao resto do Cantábrico e afectarán en maior medida ao oeste de Galicia e ao Sistema Central occidental, e espérase que a partir do xoves a borrascoa se alonxe e que tanto vento coma precipitacións diminúan.