Espazo Común solicitará un pleno extraordinario sobre o estado do concello

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O grupo municipal de Espazo Común solicitará en vindeiros días a convocatoria dunha sesión extraordinaria da Corporación do Carballiño co fin de establecer un debate sobre a situación política e ecoómica do Concello, xa que consideran que o equipo de goberno integrado por PSOE e Partido Popular non está a realizar a xestión axeitada para a veciñanza, unha vez pasados catro meses dende o pacto entre ambas forzas políticas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O voceiro de Espazo Común, Manuel Vázquez, incidiu en calificar de “tránsfuga” ao alcalde, Francisco Fumega, polo seu papel ao asinar dito acordo cos populares e por elo vanse dirixir á comisión nacional de Seguimento do Pacto Antitransfuguismo para denunciar esta situación. Asemade, indicou que tra-la apertura de expediente a Fumega por parte da dirección do PSdeG-PSOE, o rexedor debería pasar ao grupo de ‘non adscritos’ da Corporación, o cal modificaría a distribución de postos e representatividade no organigrama municipal.

Vázquez, que compareceu en rolda de prensa cos concelleiros Adolfo Nogueira, Francisco Fraga e Érika Paz, apuntou que o balance dos meses do goberno de coalición é de “fracaso total” xa que o Concello aínda carece de orzamentos, o concurso para o abastecemento da auga non se fixo, faltan axudas para a escolarización, o servizo de pediatría segue en precario, entre outras cuestión pendentes.