O SLG alega contra a legalización dos vertidos industriais da mina de Cobre de Touro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

·        A empresa mineira pretende verter cada ano ao río Pucheiras preto dun millón e medio de residuos tratados con químicos

  • Instamos a cumprir a lei minimizando o volume de auga captado e eliminando completamente os vertidos químicos ao DHP

Compostela, 7 de Outubro 2024. Explotaciones Gallegas, propietaria da polémica mina de Touro-O Pino xunto con Atalaya Mining, que a través a empresa pantalla Cobre San Rafael ostenta os dereitos de explotación, solicitou autorización para verter anualmente ao dominio público hidráulico (DPH) 1.440.000.000 litros de augas residuais e máis de medio millón de litros de augas fecais– depuradas e tratadas quimicamente segundo os parámetros mínimos establecidos-, augas residuais industriais de escorrentía -potencialmente afectadas por metais pesados procedentes dos depósitos de estériles da antiga mina, pechada hai máis de 30 anos sen plan de restauración coñecido-, augas residuais industriais procedentes dos lavadoiros dos camións da planta de reciclaxe de plásticos de silos, augas do proceso de lavado de áridos, e augas residuais da actividade da planta de tratamento de residuos de lodos de depuradoras para a elaboración de tecnosolos (Expediente DH.V15.89848).

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Este vertido realizaríase ao río Pucheiras, que xa a día de hoxe vai coas augas totalmente marróns por mor das filtracións dos terreos da mina -como denunciamos fai uns días a través das nosas redes sociais-. Este rego xa contaminado vería o seu caudal diariamente aumentado en 3.945.205 litros de auga -equivalente ao consumo diario de 30.347 persoas-. O río Pucheiras verte as súas augas ao Brandelos, afluente do Ulla, onde comenza a Rede Natura 2000.

Á vista da preocupante proposta de resolución de autorización deste vertido polo Servizo de Xestión Ambiental de Augas de Galicia, dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas presentamos hoxe alegacións para reiterar a petición de denegación desta autorización xa realizada no seu momento, e traendo novamente a colación os motivos expostos polas 28 organizacións ambientais, culturais, ecoloxistas, agrupacións, confrarías, partidos políticos e Concello personados neste expediente, canda 2.307 sinaturas de alegacións achegadas por

particulares aportadas no proceso de exposición pública, boa mostra da grande preocupación social que suscita esta mina a ceo aberto.

Autorizar estes vertidos -tratados quimicamente e logo devoltos ao dominio público hidráulico- suporía na práctica a legalización de episodios contaminantes que se veñen producindo dende hai tres décadas -reiteradamente denunciados pola Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON-, e que até o dagora foron obxecto só de sancións leves por vertidos industriais sin autorización.

A única solución para esta situación, sinalamos dende o Sindicato Labrego Galego nas alegacións presentadas hoxe, sería un proxecto definitivo que inclúa a caducidade da concesión de captación de augas no Lañas do que se abastecen as empresas e usuarios dos terreos da mina e non realizar ningún vertido ao DPH, o que facilita o cumprimento do artigo 57 da lei de Augas con respecto ó marco mineiro xa que deixaría de ser excedentaria e non tería que proceder á devolución de augas sobrantes, e en todo caso o estas augas sobrantes, se existiran, poderían ser utilizadas noutras actividades industriais que as precisaran sen ter que baleirarse ao río, tanto polo propio respecto ao medio ambiente e ás augas, como polo principio de prudencia ante un potencial accidente de causas irreparabeis, cuestión que é competencia de Augas de Galicia poder determinar dito uso, sin acudir ao vertido.

De feito, de existir unha devolución de augas esta debería xestionarse de tal xeito que non foran devoltas ás canles públicas das que se abastece a poboación da cunca do Ulla augas abaixo, como así esta contemplado no Art. 57 do RD lexislativo 1/2001: “Se existiran augas sobrantes, o titular do aproveitamento mineiro poraas a disposición do organismo de cunca, que determinará o destino das mismas ou as condicións en que deba realizarse o desaugue atendendo especialmente á sua calidade”.

Outra advertencia especialmente relevante é que segundo a empresa estas surxencias van ser bombeadas do depósito de estériles da mina para manter o nivel da balsa de áugas acedas do Vieiro nunha cota inferior a 303 metros. Como se estivo a facer entón até o dagora con esas augas que sobraban na mesma balsa? Existe a posibilidade de que foran expulsadas ao río Pucheiras sen autorización de vertido co argumento de que son escorrentías? Cal foi o canón de vertido esixido en tal caso ante un vertido ilegal?

“Dende o Sindicato Labrego Galego reiteramos á Administración pública que a auga non só é un ben social e público, senón que o dereito á poboación ao acceso a unha auga de calidade está protexido en numerosa normativa nos distintos niveis administrativos, sendo ademais patente a crecente conciencia global respecto da necesidade de coidala e preservala, ao ser cada vez un ben máis escaso por mor do quecemento global”, abonda a coordenadora da loita contra o acaparamento de terras no SLG-CCLL, Margarida Prieto. “A calidade da auga é tamén esencial para a produción de alimentos, polo que as persoas labregas vémonos tamén directamente impactadas na nosa actividade profesional, aliás da sostenibilidade do entorno no que vivimos. Todas temos a responsabilidade de coidar a auga, e da Administración pública debemos esixir a maior dilixencia neste aspecto, á marxe de intereses económicos de empresas privadas, antepoñendo sempre o ben común para a poboación”, conclúe.