Este venres día 11 de outubro, no Cine Club Carballiño temos a proxección da última película dun dos nosos directores habituais.
Volveréis, dirixida por Jonás Trueba é unha comedia dramática que nos conta a historia dunha parella, Ale e Alex.
Despois de 15 anos xuntos, Ale e Alex teñen unha idea que podería semellar absurda: organizar unha festa para celebrar a súa ruptura. Este anuncio deixa perplexos aos seus seres queridos, pero eles mantéñense firmes na decisión de se separar.
O pode que non? Película sobre a fin do amor, foi alabada pola crítica unánimemente como a mellor película de Jonás Trueba, na que volve a contar cos seus actores habituais, Vito Sanz e Itsaso Arana, que ademais firman o guión xunto co director.
No pasado Festival de Cannes foi a gañadora do Premio á mellor película europea. Os pases serán coma sempre ás 20:00 e ás 22:30 horas, ambos en castelán, no Auditorio Manuel María do Carballiño. Un saúdo e moitas grazas pola vosa colaboración.