O grupo socialista esíxelle á Xunta que materialice urxentemente as axudas anunciadas hai un mes para os viticultores da Ribeira Sacra

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Lara Méndez reclámalle á conselleira do Medio Rural que explique o alcance do paquete de medidas anunciado pero que “a día de hoxe segue sen estar publicado no DOG”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Santiago de Compostela, 09 de outubro de 2024. A portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Lara Méndez, esixiulle hoxe á conselleira do Medio Rural que faga realidade “urxentemente” as axudas anunciadas hai xa un mes para os viticultores da Ribeira Sacra. Méndez presentou unha pregunta no Pleno do Parlamento para reclamarlle que explique o alcance do paquete de medidas que teñen anunciado pero que “a día de hoxe segue sen estar publicado no DOG”.

A responsable socialista esixiulle á conselleira que faga realidade unhas axudas fundamentais para 600 viticultores da Ribeira Sacra e que levaban “meses” reclamando. Criticou que o goberno galego se limite a “facer anuncios baleiros” dunhas axudas “que nunca chegan” malia que sexan fundamentais para a existencia da propia Denominación de Orixe e da candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.

Explica que estas explotacións da Ribeira Sacra non teñen capacidade para dedicarse a outro tipo de produción, polo que precisan de medidas extraordinarias urxentes por parte do goberno galego para contar con garantías de recollida da uva e liberar o “stock de viño acumulado de campañas anteriores.