O grupo municipal socialista reclama explicacións públicas sobre o sinistro no que estaría implicado o edil de urbanismo e, de confirmarse a información coñecida, a súa dimisión

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Denuncian, ademais e tal e como afirma a portavoz do PSdeG, Natalia González, a ocultación de información ao respecto por parte do executivo local ao solicitar en Xuntas de Área e por rexistro a mesma e non terse facilitado

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“De confirmarse o sucedido, entendemos que o único camiño é o de formalizar a súa dimisión inmediata e pedir desculpas ante a gravidade dos feitos e a súa condición de cargo público”, engade

Ourense, 11 de setembro de 2024. Dende o grupo municipal socialista sinalan que, ante as informacións publicadas sobre o suposto accidente vial do edil de Urbanismo no Concello de Ourense, Francisco Lorenzo, tanto o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, como o propio con- celleiro deberían ofrecer explicacións sobre o acontecido.

Denuncian, ademais e tal e como afirma a portavoz do PSdeG, Natalia González, a ocultación de información ao respecto por parte do executivo local ao solicitar en Xuntas de Área e por rexistro a mesma e non terse facilitado. “Reclamamos explicacións públicas a Jácome e ao seu concelleiro. E, de confirmarse o sucedido, entendemos que o único camiño é o de for- malizar a súa dimisión inmediata e pedir desculpas ante a gravidade dos feitos e a súa con- dición de cargo público na Administración local”, sostén a socialista.

“Trátase dunha cuestión de coherencia, ética e responsabilidade. Independentemente de que pertenza a un partido político sen normas como Democracia Orensana”, remata sobre o asunto.