Piñor acolle este domingo a VII Festa dos Callos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de Piñor organiza este vindeiro domingo, 13 de outubro, a sétima edición da súa ‘Festa dos Callos’ na praza da localidade de Arenteiro. Unha xuntanza popular que ano tras ano vai subindo en número de asistentes coa finalidade de degustar un prato típico da zona e gozar dun día de lecer para os veciños e veciñas deste municipio e tódalas persoas que desexen asistir a esta cita tan agardada. A programación deste ano comezará as 10,00 horas cunha ruta de motos clásicas e continuará coa inauguración, ás 11,30 horas, de “Arentarte”, unha mostra de artes plásticas de artistas locais, pintura e manualidades que terá lugar no centro cultural do Arenteiro. O xantar popular está previsto para as 13,30 cun menú composto por empanada, lacón asado, callos, postre, pan, viño e café, cun prezo por comensal de 20 euros, que será de balde para os menores de 10 anos. Este evento contará coas actuacións musicais da charanga Os Caliqueños e do dúo La Hora Bruja, e a organización instalará tamén uns xogos inchables para os cativos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO