Estes fondos irán destinados a axudar na adquisición de enseres para a mellora de servizos, en arranxar o firme de estradas, en renovar luminarias, en humanizar espazos públicos e en adecuar dependencias municipais
Ourense, 14 de outubro de 2024.
A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar, na súa sesión ordinaria semanal, a mobilización dun total de 247.044,78 euros en axudas á cooperación con concellos da provincia.
Estas achegas irán destinadas á adquisición de mobiliario urbano e de parques infantís; á mellora do firme de rúas; ao arranxo de accesos; á renovación de luminarias; á humanización e mellora de prazas e espazos público; e a obras e instalacións municipais.
Na mesma sesión aprobáronse un total de 12 modificacións do destino das asigacións do Plan de Cooperación Provincial CooperOU, a petición dos concellos beneficiarios.