O Psdeg-Psoe de Ourense confirma a lista de delegadas e delegados para o 41 congreso federal do Psoe que se celebrará en Sevilla a finais de novembro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Comisión Executiva Provincial ratificou por unanimidade a lista proposta e que encabezará o secretario provincial e senador, Rafael Rodríguez Villarino

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Dende o PSOE ourensán destacan que “estamos ante unha candidatura de unidade absoluta”, tal e como quedou amosado coa elección de delegadas e delegados

Ourense, 14 de outubro de 2024. O PSdeG-PSOE de Ourense vén de confirmar a súa lista de delegadas e delegados para o 41 Congreso Federal do PSOE, que se celebrará en Sevilla os vindeiros días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro. A Comisión Executiva Provincial ratificou por unanimidade a lista proposta e que encabezará o secretario provincial e senador, Rafael Rodríguez Villarino.

Dende o PSOE ourensán destacan que “estamos ante unha candidatura de unidade absoluta”, tal e como quedou amosado coa elección de delegadas e delegados. As e os socialistas apuntan a que a delegación ourensá acudirá a Sevilla “en máxima harmonía e cunha cohesión absoluta froito do diálogo interno”. Neste senso tamén destacan que o 2 de outubro abriuse o proceso para a recollida de avais, “superándose o número máximo de 214 en apenas 48 horas”.

A delegación ourensá estará composta polas seguintes persoas:

  1. Rafael Rodríguez Villarino
  2. Marga Martín Rodríguez
  3. Eladio Santos Martínez
  4. Uxía Oviedo de Dios
  5. Miguel Ángel Rodríguez Ojea
  6. Marina Vaz Quintillán
  7. José Ramón Fernández Morgade
  8. Marina Tallón Núñez
  9. Xurxo Doval Blanco
  10. Eva Maldonado González

Suplente 1. Emilio Luís Díaz Vidal

Suplente 2. María Carmen Rama Cotelo

Suplente 3. Iago Fariñas Valiña

Tamén participarán como observadores:

  1. Emilio Luís Díaz Vidal
  2. María Carmen Rama Cotelo
  3. Iago Fariñas Valiña
  4. María Fernández Ojea
  5. Juan Carlos Francisco Rivera
  6. Carmen Rodríguez Dacosta
  7. Aurentino Alonso Araújo
  8. Tamara Iglesias Figueira
  9. Manuel Freire Cid
  10. Uxía Tizón Vázquez