A Agrupación Cultural Avantar programou para este vindeiro domingo, 20 de outubro, unha nova edición de “Tasca e literatura”, correspondente á tempada de outono, no que é a tradicional xuntanza de poetas na que se comparte poesía, música e debate literario. A cita terá lugar na Adega de Flores dende as 12,30 horas e na sesión participarán Poldo Canizo, María García, Artur Alonso e Icía Saavedra.