A asociación O Potiños continúa co ‘Arenteiro Fotográfico 2024’ e convida á inauguración, mañá sábado, día 19, da segunda fase do seu programa, que terá lugar dende as 17,30 horas no local ubicado na rúa Evaristo Vaamonde, e que contará coa actuacion musical de Ismael Cabaleiro e Manuel García. Nesta nova etapa do evento, farase un percorrido por 10 novas exposicións, nas que se amosan os traballos da A.F. Fontosíntese de Ourense; Ismael Cabaleiro; Os Negativos de Viveiro; María Álvarez Sanmartín; Berto Pereira; Teté Estate; Vigo 9D Fotos; IES Chamoso Lamas; os gañadores do Concurso FotoXoven Xurxo Lobato, e, finalmente, de Malena Carballo e José Fonticoba. Esta mostra permanecerá aberta ata o 15 de novembro os vernes, sábados e domingos, en horario de 17,30 a 21,00 horas na mesma sede de Evaristo Vaamonde.