O grupo socialista condea os ataques aos dereitos constitucionais do persoal municipal realizados polo alcalde e insta a Jácome a que cese nas súas difamacións diarias realizadas aos traballadores e traballadoras do concello de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 17 de outubro de 2024. Estas difamacións, que se veñen relizando de xeito reiterado por parte do rexedor, tiveron un novo expoñente esta mesma mañá nas redes sociais do actual alcalde atacando directamente ao dereito a folga e manifestación dos traballadores e traballadoras municipais que dende hai máis de dúas semanas se concentran en contra do alcalde reivindicando os seus dereitos laborais.

Os e as socialistas queremos amosar o noso apoio aos traballadores e traballadoras que son quen sacan adiante o labor desempeñado pola Administración local e respaldamos as convocatorias de folga anunciadas pola xunta de persoal do Concello para os días 31 de outubro e 4 de novembro.

Dende o grupo municipal socialista recordámoslle ao alcalde que o dereito a folga é un “dereito constitucional” recollido e amparado polo artigo 28.2 da Carta Magna; e regulado nos reais decretos 17/1977, 625/1985, 2/2015 e 8/2015, que garanten e protexen os dereitos dos traballadores e a negociación colectiva que o alcalde de Ourense se empeña en obstaculizar facendo gala do seu escurantismo e talante “ditatorial”.

No mesmo senso, os concelleiros e concelleiras do grupo municipal socialista lembran e queren deixar claro ao alcalde, no referido as súas declaracións que:

Tanto as pontes coma os días libres establecidos para os traballadores municipais están amparados polo acordo regulador vixente os cales se aproban na mesa de negociación conformada polos sindicatos e a Administración presidida polo alcalde polo que non hai conxeturas que se poidan realizar a este respecto; senón que coa realización da folga nos días sinalados se está a garantir o dereito a folga polo 100% da plantilla.