O Auditorio Manuel María do Carballiño converterase este vindeiro sábado no epicentro da sétima edición do ‘Encontro Literario de Ourense’, que combina tertulias, debates, concursos e moitas sorpresas para os asistentes. Entre eles, 27 escritores confirmados, que, xunto con influencers e tiktokers sumarán máis de 60 personas as que se xuntarán nesta xornada literaria que trascende as fronteiras galegas e se extende a todo o ámbito estatal. A presentación do evento correu a cargo hoxe das súas organizadoras, Lizzie Quintas e Cristin Ferro, que estiveron acompañadas polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández.
Lizzie Quintas agradeceu a colaboración do Concello do Carballiño para a organización deste novo encontro, que trae moitas novidades, coma a figura da ‘madriña’, que corresponde á esctritora Antiliados, e a celebración dun ‘xogo literario’. Asemade, haberá un concurso de disfraces para cativos e adultos coa temática do Samaín coma telón de fondo. Pola súa banda, Cristin Ferro destacou a presenza de Jess GR, “unha escritora moi coñecida que está entre as 100 primeiras máis solicitadas en Amazon, e a que temos que convencer para que sexa a nosa madriña na seguinte edición”.
Como actividad complementaria, e coincidindo co 150º anviersario do nacemento do arquitecto Antonio Palacios, os participantes no evento farán unha visita guiada ao templo da Veracruz, “co obxectivo de poñer en valor unha das cousas máis bonitas que ten O Carballiño”, comentou Cristin Ferro. Tamén está prevista unha excursión á adega de Xulia Bande, en Leiro, para levar a cabo unha cata de viños e licores e a realización cun concurso fotográfico baixo o lema “Libros e viños”.