As socialistas do concello proporán a creación de “puntos morados dixitais”, unha auditoría de espazos para mudar cara unha cidade máis segura e campañas de sensibilización polo 25n de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Concentracións contra a violencia de xénero, a posta en marcha do rueiro feminino ou o acondicionamento do parque de Reza que pasou a denominarse parque 25 de novembro son outras das propostas que levarán ao Consello Municipal de Igualdade

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Tamén engadirán a elaboración dun plan específico municipal contra a violencia machista e que todos aqueles eventos en cuxa organización participe o Concello de Ourense conten con puntos violetas presenciais, ao que poderían engadirse “puntos morados dixitais

Ourense, 23 de outubro de 2024. O grupo municipal socialista presentará, no Consello Municipal de Igualdade (CMI) que terá lugar mañá, unha batería de medidas e propostas para a conmemoración institucional do vindeiro 25N (Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres) entre as que se atopa a concienciación cidadá a través da colocación de pancartas e sinalizacións nos espazos públicos con estatísticas e información relevante sobre a violencia de xénero.

Ademais, as e os socialistas entenden como prioritario e urxente a elaboración, aprobación e implementación dun plan específico municipal contra a violencia machista e que todos aqueles eventos en cuxa organización participe o Concello de Ourense conten con puntos violetas nos que se aporte información sobre a problemática a todos os grupos poboacionais posibles. A isto poderían engadirse os “puntos morados dixitais“, para o que sería preciso crear “unha plataforma dixital con información e recursos sobre violencia de xénero que estea dispoñible en todos eses eventos e na que habería unha canle de comunicación en tempo real onde as mulleres puideran consultar de forma anónima”, explica a edil Cristina Cruz.

Entre as iniciativas as edís socialistas trasladarán a petición de que se realicen concentracións contra a violencia de xénero ou que, no seu defecto, se establezan 5 minutos de silencio ao comenzo de cada sesión plenaria ordinaria. Tamén que se reactive a posta en marcha do rueiro feminino -aprobado por unanimidade- para reducir a desigualdade entre nomes de homes (maioritarios) e mulleres nos diferentes espazos públicos da cidade.

Tamén solicitarán que se realice unha auditoría de seguridade urbana e participativa nos barrios de Ourense para identificar puntos perigosos para as mulleres, como zonas escuras ou mal deseñadas, e desenvolver un plan de mellora urbana para facer a cidade máis habitable e segura.

Esixirán, como xa reivindicaron as socialistas en anteriores ocasións, que se acondicione o parque de Reza, que pasou a denominarse parque 25 de novembro no ano 2018, e que poidan ter cabida nel actos ao aire libre que conmemoren esta data. E, nesta liña, se solicitará que se elabore, en colaboración co Cineclub Padre Feijóo, unha programación de proxeccións de longametraxes que reflictan a problemática.

Finalmente, as e os edís do PSdeG proporán que se diseñe unha campaña multimedia en redes sociais e medios locais, con testemuñas reais e protexidas que viviron a violencia machista, “sensibilizando sobre a importancia de romper o silencio”. Deste xeito incluiríanse vídeos curtos con información sobre os recursos dispoñibles na cidade para vítimas de violencia de xénero, tal e como remata afirmando a edil Cristina Cruz.