Ribeiro en Común pide a renuncia do alcalde de Ribadavia como vicepresidente da Deputación se continúa a discriminación do noso Concello.
Ribeiro en Común pide na Deputación que se amplíe a partida destinada a Ribadavia na modificación orzamentaria que se aprobará no Pleno de outubro.
Este venres a Deputación procederá ao reparto de 7 millóns de euros, no que Ribadavia só recibirá apenas 50 mil euros, estando entre os municipios da provincia que menos recibe, e sendo o último na comarca do Ribeiro.
Moi lonxe dos máis de 160 mil de Arnoia, 170 do Carballiño, 180 Xinzo e 200 mil de Viana do Bolo, entre outros moitos.
Ribeiro en Común denuncia que rematando o exercicio 2024 a Deputación aínda non lle pagou ao Asilo a subvención pendente de 2023, de 80 mil euros.
O máximo responsable desta discriminación a Ribadavia é o actual Alcalde e vicepresidente da Deputación, o que demostra que na súa situación é incompatible manterse en ambos cargos.
O intento de César Fernández de disputar o liderato do PP e da Deputación a Luís Menor, apunta a que sexa a causa desta discriminación a Ribadavia.
As consecuencias son a perda de investimentos e cooperación provincial en Ribadavia, que semana tras semana é relegada nas asignacións do goberno provincial.
De non correxirse esta discriminación, consideramos que o mellor que pode facer o actual alcalde de Ribadavia é centrarse no Concello, evitando que esta situación continúe perxudicando aos intereses de Ribadavia e os seus veciños.