Natalia González Beneitez, reitera a loita que dende hai máis de 8 anos veñen realizando as familias para que Xunta poña en funcionamento o centro de titularidade e xestión pública, tal e como acontece no restos de provincias galegas, e que así Ourense deixe de estar “desatendida e ninguneada”.
Carmen Rodríguez Dacosta, insiste ao Goberno de Rueda que “non queremos que 10 millóns de euros de tódolos galegos e galegas dun centro que está construido e equipado se lle regalen a unha empresa privada” e reclámalle á conselleira de Política social, Fabiola García, que “dea a cara e fale claro”
Ourense, 27 de outubro de 2024. O PSdeG-PSOE insta á Xunta de Galicia a garantir a xestión pública e directa do novo centro de atención para persoas con discapacidade de Ourense (CAPD). As e os socialistas farán esta petición a través dunha moción no vindeiro pleno de novembro no Concello de Ourense; ademáis de presentar no parlamento galego unha batería de preguntas ao Goberno autonómico apoiando así as reivindicacións que veñen realizando dende hai anos as familias dos usuarios e usuarias do centro.
Pola súa banda a voceira do grupo municipal socialista, Natalia González Beneitez, reitera a loita que dende hai máis de 8 anos veñen realizando as familias para que Xunta construíse o centro e que reclama que agora o poña en funcionamento dentro das características de titularidade e xestión pública, tal e como acontece no restos de provincias galegas, e que así Ourensedeixe de estar “desatendida e ninguneada”.
As e os socialistas defenden que dende a plataforma PROCAPD levan loitando polos dereitos dos seus fillos e fillas a recibir a atención pública e de calidade nun centro preto das súas casas, sen ter que desprazarse fóra da provincia, e defenden que sexa en igualdade de condicións que nas outras tres provincias de Galicia onde sí que hai centros de xestión pública directa e non a través de empresas privadas, como acontece en Ourense.
No mesmo senso, a deputada socialista no parlamento, Carmen Rodríguez Dacosta, insiste ao Goberno de Rueda que “non queremos que 10 millóns de euros de tódolos galegos e galegas investidos un centro que está construido e equipado, se lle regalen a unha empresa privada” e reclámalle á conselleira de Política Social, Fabiola García, que “dea a cara e fale claro” sobre a “xestión pública e directa” do centro que as e os socialistas seguirán reclamando para que Ourense “non sexa discriminada”. Un asunto que o Goberno Galego acaba de deixar fóra dos orzamentos.