O Profesor Emerman é rotundo: “Ese plan de minería é imposible”
28 de outubro de 2024
O Dr. Steven Emerman, experto en xeofísica con 31 años de experiencia e máis de 60 publicacións científicas, traballou ademáis como consultor independente tanto para empresas mineiras como para organismos públicos.
Polo que coñecemos do proxecto e o que nos dí o Dr Emerman, “este plan de minería é imposible”, e preguntámonos, ¿É este o plan real ou sólamente un plan para obter os permisos? ¿É este un plan realista?
Nunha casa do pobo ateigada de veciñanza afectada, representantes de Comunidades de Montes, organizacións veciñais e ambientais locais e nacionais, o Dr. Emerman foi contundente ao explicar porque o que coñecemos ata agora do proxecto é imposible de aplicar. A un mes de coñecerse públicamente o documento que a empresa presentará á Xunta o experto dubida que o documento garanta as condicións mínimas legais no que se refire ao cumprimento da normativa (sobre todo en canto á seguridade) para unha mina deste tipo, tanto nos estudos hidroxeolóxicos para determinar a afectación das augas, como no resto do proxecto.
A presidenta da Comunidade de Montes de Doade , así como outras representantes de CM de concellos veciños, manifestaron tamén o seu agradecemento á visita do profesor, o seu NON rotundo á mina e a falta de información e transparencia por parte de Recursos Minerales de Galicia.
“Esta charla organizouse para afondar na afectación ambiental e en concreto nos efectos nas augas da zona, e cumpriu a súa función. Non hai dúbida que vai a haber afectación nos ríos, acuíferos e que chegarán as súas desembocaduras no mar”
RMG non nos facilitou nin os estudos hidroxeolóxicos que realizou nin un avance do proxecto que presentará en decembro para solicitar o pase a Concesión de Explotación. Se xa tiñamos claro que nos faltaba documentación seria que contemplase a longo prazo todas as consecuencias adversas da implantación da mina na zona agora temos a certeza que se as administracións (tanto locais como autonómicas) fan cumprir as normativas de seguridade e saúde este proxecto NON pode ir adiante de ningunha maneira”
Por outro lado, SOS Suido-Seixo denuncia o cambio de estratexia da empresa nos últimos meses e resume así o proceder da empresa: 1. Opacidade (a empresa anuncia e defende a participación cidadá e a transparencia, pero non achegou en ningún caso a documentación solicitada e presentou unha enquisa completamente sesgada na que non cabía opinión contraria) Non pode haber opinión se non hai información, ou mais claro ainda, non se pode opinar de algo que se descoñece, anque se queira. 2. Fraccionamento (ainda que agora o proxecto se chame “Mina Doade”, e se refira ao que no anterior proxecto chamaban, “Coto Tocayo” na solicitude de pase a concesión de explotación do dereito mineiro Alberta I, as cuadrículas mineiras afectadas seguen sendo 60 e o proxecto mineiro seguiría afectando aos cinco concellos, desde Presqueiras en Forcarei ata Rubillón en Avión facendo un total de case 1700 ha
Este fraccionamento “artificial” da explotación, permitiría que, nun futuro, se levasen a cabo a explotación de minas a ceo aberto, sen concretar o número delas, nin as súas dimensións.
3. Greenwashing e falta de transparencia tratan de aplicar o que eles chaman licencia social para operar, pero non mudou
absolutamente no seu proceder, só de cara a galería, poderiamos dicir que son como tiktokers expertos en marketing que venden fume en tres segundos, pero nada que afondes en ver o producto, ves incongruencias e non atopas nada.
Por outro lado, Ecoloxistas en Acción asevera e denuncia tamén os antecedentes da empresa Recursos Minerales de Galicia neste caso, e reafirma a súa postura de observar minuciosamente que se cumpra a normativa legal dos procedementos.
(O dereito mineiro Alberta I tentou ser explotado hai 4 anos pola empresa Recursos Minerales de Galicia S.A., filial do grupo empresarial SAMCA. A Xunta de Galicia denegou entón a Concesión de Explotación ante o informe negativo da Confederación Hidrográfica Miño-Sil pola máis que probable afección aos cursos de auga da zona e pola falta de estudos completos desta e a Sociedade de Historia Natural de Galicia e o Instituto Xeológico e Mineiro de España, alertaron da presencia de 𝗺𝗮𝘁𝗲𝗿𝗶𝗮𝗹
𝗿𝗮𝗱𝗶𝗮𝗰𝘁𝗶𝘃𝗼 que podería 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐚𝐦𝐢𝐧𝐚𝐫 𝐚𝐢𝐫𝐞 𝐞 𝐚𝐮𝐠𝐚 se se abrise o xacemento.
Tanto na charla de onte, como na rolda de prensa de hoxe, a veciñanza estivo acompañada das asociacións e plataformas veciñais implicadas na defensa do territorio e da súa posta en valor (Alarma na terra de montes, Plataforma de Defensa do Sur da Dorsal Galega, Asociación A Lama Vive, Asociación pola defensa do Barroso…) asi como de outras plataformas ao longo do río (APDR…ECOLOXISTAS en Acción etc…) e solicitan e convidan a toda a sociedade a informarse da gravidade dos efectos desta Mina de Litio, xa que o problema da probable contaminación e afectación ás augas non é só local, se non que estamos nunha zona moi sensible por ser cabeceira de ríos e regatos que nacen nos nosos montes e van desembocar nas bacías do Miño, Lérez e Verdugo chegando ás rías de Pontevedra e Vigo atravesando numerosos concellos. Pedimos tamén o compromiso xornalístico para apoiar e dar voz a veciñanza.