O Concello de Ribadavia amplía o horario do cemiterio municipal e  adecenta os 6 parroquiais  por mor de Todos os Santos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Ribadavia, 29 de outubro de 2024

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Este ano, o Cemiterio Municipal de Ribadavia ampliará o seu horario de apertura durante toda esta semana, de 9:00h a 20:00h ininterrompidamente, para facilitar a visita dos veciños e veciñas que desexen rendir homenaxe aos seus seres queridos coincidindo coa celebración do Día de Todos os Santos.

Os demais cemiterios  (San Cristovo, Sampaio, Prexigueiro, San Andrés, Esposende e Sanín) mantéñense accesibles durante todo o día, tal como é habitual.

Ademais, durante os últimos días, os servizos municipais realizaron labores de acondicionamento e limpeza en todos eles, tanto no municipal como nos parroquiais, co fin de garantir un adecuado estado para a recepción de visitantes.

O Concello de Ribadavia agradece a colaboración de todos os veciños e veciñas e desexa que esta celebración sexa un momento de recordo e respecto.