O xoves 7 de novembro as 8 da tarde na tenda OZOCOgz presentación do libro de Óscar M. Guzman: ” Pero… como morren as pegas? “

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Óscar M. Guzman (Vilamarín, Ourense, 1970) traballa como persoal laboral da Deputación Provincial de Ourense. Pero… como morren as pegas? é a súa segunda novela, obra coa que gañou o V Premio Literario Vilar Ponte do Concello de Viveiro. Con anterioridade publicou Os segredos de Teresa (2021), coa que inauguraba a saga do inspector Saladino Mariño.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

V Premio de Novela Vilar Ponte 2023

Resulta curioso como a morte, a solución final que lle dá senso á vida, semella unha novidade abraiante en cada ocasión que nos toca de preto.

Así lle acontece a Saladino Mariño, inspector xefe da Policía Nacional, cada vez que se chanta diante dun cadáver nunha das súas investigacións criminais. 

Desta volta, acompañado polo seu segundo, o inefable subinspector Leopoldo Xelmírez, e o resto do seu equipo, intentarán resolver o asasinato dun magnate ourensán do transporte. Un crime onde se mesturan o roubo de xoias, o amor e a morte.

Unha intriga que nos levará a percorrer boa parte da provincia ourensá, e parte de Portugal, na procura dun pasado ocultado baixo o constante grallar dunha bandada de pegas no ar.