Este venres, día 8 de novembro, Cine Club Carballiño retoma as suás proxeccións coa película española “La estrella azul”, debut na dirección de Javier Macipe, autor tamén do guión. Anos 90. Mauricio Aznar, un famoso rockero español, recorre Latinoamérica buscando reencontrarse coa súa vocación deixando atrás o pantasma da adicción. Alí coñece a Don Carlos, un ancián músico en horas baixas que, a pesares de ser o autor dalgunhas das cancións máis coñecidas do folclore do seu país, apenas consegue pagar as facturas. Carlos acolle con xenerosidade ao estraño visitante e do seu encontro nace un extravagante dúo quixotesco.
Un drama ambientado no mundo da música, lírico, melancólico e á vez xuvenil e enérxico, cheo no fondo de humor. Aclamada pola crítica como unha das grandes películas españolas dos últimos anos, ven de colleitar unha magnífica acollida entre o público. Un filme que colleitou varios premios, entre eles o Premio da Xuventude no Festival de San Sebastián. Os pases serán, mañá venres, os dous en castelán, ás 20,00 e ás 22,30 horas, no Auditorio Manuel María do Carballiño.