O BNG de Barbadás solicita a paralización das obras de Bentraces

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O grupo municipal do BNG, solicita a inmediata paralización das obras de
mellora que se están a levar a cabo nas rúas da Capela, do Canastro e Filgueiras en
Bentraces. Segundo denuncian, os traballos iniciados non atenderon as demandas da
poboación local, que pedía actuacións máis respectuosas co contorno histórico da
zona.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO


Barbadás, 8 de novembro do 2024.- O Bloque Nacionalista Galego solicita “a paralización inmediata das obras de mellora do firme nas rúas da Capela, do Canastro e Filgueiras en Bentraces” e unha vez paralizadas, instan “a que se inicien os contactos necesarios coa veciñanza de Bentraces, para recoller e atender as súas demandas en relación a estas obras de mellora”.


A veciñanza mostra un profundo malestar ao constatar que, a pesar da importancia patrimonial do lugar, próximo ao Pazo de Bentraces, non se tivo en conta a posibilidade de empedrar as rúas, como si se fixo en zonas históricas da Valenzá ou Parada. Ademais, a intervención non inclúe o soterramento do cableado da iluminación pública, nin se contempla a mellora das instalacións de saneamento ou a separación de augas. “Non queremos un simple
lavado de cara; pedimos que se respecte o noso patrimonio e que se atenda ás necesidades reais da veciñanza”, expón a agrupación nacionalista.


Ante a situación, o BNG de Barbadás considera que unha intervención de mellora deste tipo debería ser integral e adaptada ao valor histórico da área, e destacan a importancia de preservar o carácter histórico da vila e de responder de xeito adecuado ás necesidades da comunidade.