Piñor acolleu a 7º competición de enduro con máis dun cento de pilotos inscritos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

As pistas e sendeiros do municipio de Piñor foron o escenario ideal durante a pasada fin de semana para unha nova cita do campionato de moto de montaña, organizado pola Liga de Moto de Campo coa colaboración do propio Concello e a Deputación provincial de Ourense. Máis dun cento de pilotos chegados das catro provincias galegas participaron onte, domingo, na proba senior, que tivo a súa compoñente de dificultade debido á aparición da choiva, ademais da lama acumulada nas diferentes seccións do itinerario previsto pola organización.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Unha xornada na que tanto os participantes coma os afeccionados ao mundo do motor sobre dúas rodas desfrutaron dun interesante itinerario polas pistas dos montes de Barrán, Torcela e Arenteiro e co compromiso da organización de voltar o ano vindeiro cunha nova competición, tendo en conta a resposta. Unha proba da Liga Galega de Moto de Campo que se desenvolveu durante o sábado e o domingo que é puntuable para a Copa Deputación 2024 de Minienduro e Enduro