Carballiño e Ribadavia reciben 21560 € e 20720 € de subvención para o impulso a Rede de mercados e revitalización das prazas de abastos.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Publicase hoxe no DOG a Resolución pola que Carballiño e Ribadavia reciben 21560 € e 20720 € de subvención para o impulso a Rede de mercados excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización das prazas de abastos.

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Comercio e
Consumo, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde
do 9 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a
concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para
o impulso dunha Rede de mercados excelentes de Galicia e a dinamización e
revitalización das prazas de abastos, e se procede á súa convocatoria para o
ano 2024 (código de procedemento IN223A).
De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 27 das bases reguladoras da orde, publícanse as subvencións concedidas pola resolución do director xeral de Comercio e Consumo, por delegación
do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración (Orde do 8 de maio de 2024, DOG
núm. 100, do 24 de maio), relacionadas no anexo.
Norma reguladora: Orde do 9 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para
o impulso dunha Rede de mercados excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización
das prazas de abastos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento IN223A).
Crédito orzamentario: 1.280.000,00 €