A Xunta de Goberno vén de aprobar as bases reguladoras do concurso público para a concesión destas subvencións, que terán un crédito asignado de 50.000 euros
Tamén se concederon axudas municipais por importe de 19.880 euros para actividades deportivas e para financiamento de plans, así como achegas a outras entidades por 11.000 euros para gastos de funcionamento do Club Deportivo Allariz e para a Asociación Empresarial de Pompas Fúnebres de Ourense para “Funergal 2024”
Ourense, 12 de novembro de 2024.
A Deputación de Ourense vén de aprobar as bases reguladoras da convocatoria do concurso público para a concesión de subvencións a asociacións de protección animal para gastos derivados da xestión de animais procedentes dos centros de acollida da rede provincial.
Esta nova liña de axudas contará cunha contía total de 50.000 euros e poderán ser obxecto de subvención as seguintes actuacións: adopción directa ou mediación na adopción por terceiros de animais que procedentes de calquera dos centros de acollida da rede provincial; acollida temporal, ata o momento da adopción definitiva de animais que requiran atención e/ou coidados especiais, cuxa conveniencia se estime por parte da rede provincial; acollida de femias paridas e as súas camadas, ata o momento da adopción; acollida de cachorros recollidos sen nai; e a collida de gatos.
No apartado de axudas municipais, aprobouse a mobilización de 19.880 euros destinados a actividades deportivas e para o financiamento de plans urbanísticos. No que atinxe ás achegas para diferentes entidades, consígnanse 11.000 euros para gastos de funcionamento do Club Deportivo Allariz e para a Asociación Empresarial de Pompas Fúnebres de Ourense para “Funergal 2024”.