Luis Menor enxalza a “vangarda” do Centro de Procesado Avícola de Coren e a xeración de emprego e riqueza dunha empresa “comprometida co rural e con Ourense” 

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O presidenteLuis Menor enxalza a “vangarda” do Centro de Procesado Avícola de Coren e a xeración de emprego e riqueza dunha empresa “comprometida co rural e con Ourense”  da Deputación visitou as instalacións do Centro de Procesado Avícola, en Santa Cruz de Arrabaldo, onde traballan máis dun millar de empregados

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Menor insiste no “compromiso continuo de desenvolvemento do rural” como clave do éxito do grupo empresarial, que dá emprego a máis de 7.000 persoas entre traballadores e socios

Ourense, 13 de novembro de 2024

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou en Santa Cruz de Arrabaldo o Centro de Procesado Avícola de Coren, a principal cooperativa agroalimentaria cárnica de España, que reúne a 7.000 familias entre socios e empregados. Menor, acompañado pola vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Nóvoa, percorreu as instalacións da man do director xeral do grupo, Emilio Rial, enxalzou a “vangarda” do complexo, no que traballan máis dun millar de empregados.

Luis Menor destacou que unha das claves do éxito desta empresa ourensán é “manter a súa implantación no territorio” dende hai sesenta anos, con ese compromiso continuo de xerar riqueza e emprego, converténdose o grupo en “oportunidade de vida” para os milleiros de traballadores que forman parte da empresa, sempre “comprometida co rural e con Ourense”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------