Leiro recibe 2 Flores de Honra polo seu compromiso coa sustentabilidade en Vilas en Flor Galicia 2024

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Celebrouse a gala anual en Salvaterra de Miño durante a que se entregaron os diplomas aos 42 concellos participantes nesta 7ª edición.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Tanto Leiro como o Carballiño acadaron 2 Flores de Honra

En total, Galicia suma 94 Flores de Honra en municipios de menos de 40.000 habitantes que mostran o seu compromiso cunha xestión sostible dos espazos verdes e da súa paisaxe.
O Concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra) foi este ano o anfitrión da gala do movemento Vilas en Flor Galicia 2024. Durante o evento fíxose entrega das Flores de Honra aos 42 concellos de menos de 40.000 habitantes participantes nesta 7ª edición do programa na nosa comunidade. Unha das principais novidades é que este ano hai un total de cinco concellos con 4 Flores de Honra xa que a Allariz, Chantada e Tomiño súmanse Salceda de Caselas e Carballo. En total, Galicia recibiu 94 Flores de Honra.

FLORES DE HONRA 2024

  • 4 Flores de Honra (5 concellos): Allariz, Carballo, Chantada, Salceda de Caselas y Tomiño
  • 3 Flores de Honra (10): As Somozas, Caldas de Reis, Cambados, Gondomar, Lalín, A Laracha, O Rosal, Salvaterra de Miño, San Sadurniño, Vilagarcía de Arousa
  • 2 Flores de Honra (17): A Guarda, Abegondo, Arteixo, Coristanco, Cuntis, Leiro, Manzaneda, Marín, Mondariz Balneario, O Carballiño, Oza-Cesuras, Ponteareas, Sada, Sanxenxo, Sarria, Tui, Vimianzo.
  • 1 Flor de Honra (10): A Estrada, A Pobra de Trives, As Neves, Culleredo, Curtis, Mondariz, Mos, Ponteceso, San Xoán de Río, Xinzo de Limia.

Vilas en Flor é un programa anual que recoñece en forma de galardóns, chamados Flores de Honra, a traxectoria e as accións levadas a cabo polos municipios galegos de menos de 40.000 habitantes na mellora e potenciación dos espazos verdes urbanos, a súa xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna. En Galicia está impulsado pola Fundación Juana de Vega, en colaboración coa Asociación de Viveristas do Noroeste (ASVINOR) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (AGAEXAR). En España as outras entidades nas que está implantado o movemento son Aragón, Canarias, Cataluña e Valencia e, a nivel internacional, en Francia (Villes et Villages Fleuris), Italia (Comuni Fioriti), Reino Unido (Britain in Bloom), Irlanda (Tidy Towns) ou Canadá (Communities in Bloom).