No Concello do Carballiño: Extracto da convocatoria e bases do Concurso de Decoración de Nadal 2024

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Publicado no BOP

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

EXTRACTO DA CONVOCATORIA E BASES DO CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL 2024


De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de
subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións:
(https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/796063)

  1. Obxectivo
    O Concello do Carballiño convoca o Concurso de Decoración de Nadal 2024 que ten como
    finalidade premiar o esforzo e o traballo que realizan os comerciantes e hostaleiros para atraer
    aos seus clientes.
  2. Participantes
    Poderán participar todos os establecementos comerciais e hostaleiros do municipio, sen limitación de número ou de espazos e sen ningunha distinción por razón da súa actividade ou titular.
  3. Inscrición e prazo
    A inscrición formalizarase por escrito na sede electrónica do Concello do Carballiño:
    (www.carballiño.gal) ou ben de forma presencial no rexistro municipal desde o día seguinte ao
    da publicación do extracto da presente convocatoria no BOP, trala comunicación efectuada para
    os efectos na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), e ata as 12.00 horas do día 13 de decembro de 2024.
  4. Crédito orzamentario
    O importe total asignado no Orzamento municipal a esta finalidade ascende a 900 euros con
    cargo á aplicación orzamentaria 3341148000, transferencias correntes de 2024.
    Establécense os seguintes premios:
    1.º Comercio
    1.º Premio: 200 €
    2.º Premio: 150 €
    3.º Premio: 100 €
    2.º Hostalaría
    1.º Premio: 200 €
    2.º Premio: 150 €
    3.º Premio: 100 €
  5. Procedemento de concesión

    O procedemento de concesión será o de concorrencia competitiva. A decisión do xurado elevarase ao órgano competente para aprobalo.
    A dita decisión será inapelable e publicarase entregándolle os premios aos beneficiarios nos
    locais comerciais.
    O Carballiño, 11 de novembro de 2024. O alcalde.
    Asdo.: Francisco José Fumega Piñerio.