Ribadavia vai con todo a gañar o concurso Ferrero Rocher, do que xa é finalista. A última aposta da candidatura deste concello do Ribeiro para ser o gañador do pobo máis fermoso e navideño de España no concurso “Juntos Brillamos Más” de Ferrero Rocher é unha curta, feita xunto ao actor e director Rubén Riós. Nesta peza de tono humorístico, as luces mesmo poñen ao alcalde nun “serio apuro” frente aos seus veciños e veciñas. César Fernández, visiblemente agobiado no seu papel de alcalde, “enfróntase” a unha veciñanza malhumorada e envolta en tiras de luces de Nadal que demandan máis luces para Ribadavia. De feito, a curtametraxe arranca cun lamento do rexedor: “Si, si… xa sei… xa sei… Estamos a facer todo o que podemos”.
Rubén Riós e o alcalde buscan solución para a demanda da veciñanza, falando por exemplo co presentador (tamén do programa de Ferrero Rocher), Jesús Vázquez, para que “barra para a casa”, dada a súa condición de galego. A veciñanza de Ribadavia uniuse na producción deste divertido vídeo, que pode verse no perfil de Instagram do Concello de Ribadavia (https://www.instagram.com/p/DDJ7pLPt0cW/) , e co que pretenden dar un impulso máis á candidatura deste concello no tramo final do concurso de Ferrero Rocher. As votacións rematan este domingo 8 de decembro, polo que se aínda non votaches, dende Ribadavia invítanlles a todos a que fagan posible que este concello do Ribeiro se convirta na capital do Nadal gañando o concurso de Ferrero Rocher.