Atados á Utopía

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Herminio Iglesias

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Vivir tendo como  referente unha utopía pode ter certo sentido nalgúns casos. As utopías serven pra traballar por unha meta lonxana. Mais sendo certo, cando a utopía non ten visos de ser realidade, e dende esa posición ideolóxica se quere servir a unha sociedade diversa e  moi complexa,  a discusión esta servida, pois esa meta utópica  ten  poucos visos de ter éxito. 

Esto pode ser o resume  do que acontece nalgúns movementos  políticos nesta terra. Pois as posturas minoritarias  que se amparan na utopía permanente son un estorbo  pra que  a maior parte do grupo sexa capaz de achegarse á  sociedade  pra que esta se  sume a ise proxecto.

Gobernar nunha sociedade democrática implica acadar maiorías e un respaldo social moi importante. Mais cando as organizacións políticas están tuteladas  e se acomodan soamente a reivindicar e denunciar sen seren   capaces de acceder a sectores sociais que non lle son propicios, aparece o síndrome de sentirse a gusto na oposición sen aspirar a remangarse e gobernar sabendo que iso implica contradicións importantes.  Hai anos lembro cando Quintana quixera abrir o nacionalismo a sectores menos dogmáticos.  Axiña esa liña foi cortada polos gardiáns das esencias que tutelan a este movemento. A día de hoxe  o nacionalismo galego goza dunha posición importante pois é a segunda forza política en Compostela. Mais  na historia electoral galega  a realidade é que os populares, convocatoria electoral tras convocatoria, non  perden  forza electoral nin escanos e seguen  no poder dende hai moitos anos.  Polo que o transvase de votos na parte oposta   repítese  despois de   cada convocatoria electoral. Ou sexa: baixan os socialdemócratas do PSOE e sube o  BNG. Esa é a realidade,  mentres  os populares gobernan coas mans libres que lles dá a maioría absoluta.

Semella pois que a dirección dos  nacionalistas galegos  non entendeu esa mensaxe ou, pola contra lle ten medo a apertura real á sociedade.  Achegarse a sectores sociais que non lle son propicios debera ser o obxectivo máis importante a acadar  de agora en adiante. A señora Pontón di que pretende abrir o nacionalismo pra ensanchar a súa base electoral. E ese é  un obxectivo que merece a pena. Mais outros  que xa  o intentaron non acadaron o obxectivo,  pois axiña  foron marxinados.  E mentres o Bloque non  de un salto  e engaiole a moitos máis votantes que o miran con certa desconfianza, seguirase  na mesma lea.  Falar de ampliación de base social  implica rematar con conceptos  como de quen é máis galego, ou de entender que o universo dos votantes vai moito máis alá do pequeno mundo dos militantes; tamén  implica abrirse á sociedade buscando un pracmatismo político que hoxe non se ve por ningures.  Significa aceptar como compañeiros de viaxe ós que non falan a lingua de Rosalía e fuxir de adxectivos de quen é máis nacionalista e outras terminoloxías que non procese expoñer. Significa tamén  facer políticas sen vetos  inútiles  aceptando que sempre é mellor o mal menor a que todo vaia cara o desastre. Significa arredarse de compañeiros políticos que restan no canto de sumar. En fin: quixera que  a señora Pontón tivera éxito nese obxectivo que propón. Quixera que tivera sorte e chegara a gobernar. Máis temo que os gardiáns das esencias poñan atrancos a tal meta. Vivir atados á comodidade da utopía pode parecer moi interesante. Mais si se queren mudar ás cousas e serlle útil á xente desta terra nunha sociedade moi plural  non queda outra que anchear a base electoral abrindo portas  e mudando conceptos arredistas e exclusivistas.  Pois do contrario  o anquilosamento ideolóxico e dogmático axudará a  que volva a funcionar o péndulo e o transvase de votos volverá a ser realidade.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas