Unha estudante do IES Nº1 gaña un premio do ‘40º Concurso de La Constitución Española’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O vídeo elaborado por unha alumna do Instituto de Ensino Secundario Número Un (IES Nº1) do Carballiño, Erea Hortas de La Fuente, fíxose acredor dun dos galardons concedidos no “40º Concurso de la Constitución Española” que promove a Sudelegación do Goberno en Ourense. A estudante foi premiada cun bono cultural e tecnolóxico, que recibíu o pasado venres de mans do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, nunha gala conmemorativa do 46º aniversario da Carta Magna que se desenvolveu no Auditorio Municipal da cidade, e que foi presidida polo subdelegado, Eladio Santos. O vídeo feito por Erea Hortas facía referencia ao artigo 47 da Constitución: “Todos los españoles tienen derecho a disfrutar de una vivienda digna y adecuada. Los poderes públicos promoverán las condiciones necesarias y establecerán las normas pertinentes para hacer efectivo este derecho, regulando la utilización del suelo de acuerdo con el interés general para impedir la especulación”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os premios deste certamen recaeron nun total 20 alumnos e alumnas da provincia polos seus debuxos, fotografías e vídeos, centrados precisamente nese artigo constitucional. Concretamente, concedéronse 10 premios na categoría de Educación infantil, primaria e especial, que recibiron un agasallo e un exemplara da Constitución Española; e 10 na categoría de Ensino Secundario Obligatorio, Bacharelato, ciclos medios de Formación Profesional e Universidade. Este alumnado resultou premiado cun bono cultural e tecnolóxico.

O subdelegado, Eladio Santos, lembrou que a Constitución “es como un acuerdo de mínimos, escrito entre todos los individuos de un pueblo, para asegurarnos de que nadie tome las decisiones por nosotros. La Constitución los protege frente a la tiranía”. Asemade, fixo fincapé no concepto de igualdade, que xa está presente nas primeiras constitucións da historia. “Es una idea rompedora, es el motor del cambio: todos los individuos son iguales, con las mismas oportunidades y los mismos derechos. Una ambición que cambiaría el mundo. Cambió la manera de pensar de las personas, sus ambiciones, sus proyectos, la manera de relacionarse. La igualdad es dignidad”, apuntou o representante do Goberno do Estado.