A alegría do Nadal encheu a tarde do venres cos cantos de reis todos os recunchos de A Arnoia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A maxia do Nadal apropiouse da Arnoia este venres pola tarde, cando a tradición dos Cantos de Reises iluminou cada recuncho do municipio. Desde Lapela ata A Reza, as voces dos veciños uníronse para percorrer as casas do pobo, levando alegría, melodías e o espírito.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A xornada destacouse pola camaradería e o entusiasmo con que os veciños participaron. As ben elevadas voces ecoaron polas rúas, lembrándonos que a tradición segue viva e que hai un valor especial en manter estes costumes que fortalecen a comunidade. Foi un deleite escoitar como a música e a unidade da veciñanza sembrou de alegria os currunchos de A Arnoia

“Non podemos esquecer que o Nadal non termina ata San Amaro, e ata entón pódese e débense cantar os Reises”, lembraron con orgullo os participantes, subliñando o valor de prolongar o espírito festivo máis aló.

O evento non sería posible sen a colaboración das asociacións veciñais e a cálida acollida que ofreceron os bares locais, que unha vez máis demostraron a súa hospitalidade e apoio ás tradicións do pobo. Desde o Concello estendeuse un agradecemento especial a todos os que fixeron posible unha tarde tan memorable.

Con estas iniciativas, A Arnoia reafirma o seu compromiso coa cultura e as tradicións, celebrando non só o Nadal, senón tamén o espírito de comunidade que une aos seus veciños. Que nunca se perda.

Facer mención especial a Bieto Blanco pola súa colaboración musical cos acordeòns é ca voz do tenor Baldomero Pavón: