Cine Club Carballiño proxecta mañá, venres 17 de xaneiro, a comedia española “Casa en llamas”, dirixida por Dani de la Orden, un auténtico éxito de público e crítica nesta tempada. O argumento conta que Montse está emocionadísima porque está a piques de pasar unha fin de semana con toda a súa familia na súa casa de Cadaqués, na Costa Brava. Divorciada desde fai anos, o seu ex ten unha nova parella, os fillos creceron e fai tempo que fan a súa vida sen facerlle ningún caso. Pero a Montse nada nin ninguén conseguirá amolarlle os ánimos, fai demasiado tempo que agarda este momento. Esta fin de semana será sí ou sí unha fin de semana ideal… aínda que para elo teña que queimalo todo.
Este filme é unha parodia feroz que conta con un elenco de actores en estado de gracia. O filme está nominado a 8 premios Goya, 14 premios Gaudí, 8 premios Feroz, e levou o Premio do público nos premios Forqué. Os pases para visionar o filme serán os habituais dos venres, ás 20,00 e ás 22,30 horas no Auditorio Municipal Manuel María do Carballiño.