“Como ben sendo a tónica do executivo de Democracia Orensana en cuestión educativa, deixarano esmorecer”, sinala a edil do PSdeG Cristina Cruz
“O feito de que o Consello Escolar Municipal non se convoque implica queas voces do profesorado e dos representantes sindicais educativos quedarán apagadas en cuestións que atinxen ao transporte, os comedores ou a limpeza das instacións”, resume
Ourense, 16 de xaneiro de 2025. O pasado mes de outubro o grupo socialista do Concello de Ourense solicitaba ao executivo de Gonzalo Pérez Jácome que reactivase o Consello Escolar Municipal (CEM) e preguntaban nas Xuntas de Área pola recuperación deste órgano sen obter resposta algunha. “A última composición pública que se atopa vixente e colgada na web da Administración local data do ano 2016, hai 8 anos”, lembraba a edil do PSdeG Cristina Cruz.
Ante o silencio do goberno de Democracia Orensana, as e os socialistas voltaron a preguntar no pleno ordinario deste mes de xaneiro ao rexedor se cabía a posibilidade de retomar o funcionamento do mesmo, ao que a concelleira responsable da área de Dinamización respondeu cunha negativa. “Como ben sendo a tónica do executivo de Jácome en cuestión educativa, deixarano esmorecer”, sinala a edil do PSdeG.
“O feito de que o Consello Escolar Municipal non se convoque implica que as voces do profesorado ou dos representantes sindicais educativos quedarán apagadas en cuestións que atinxen ao transporte, os comedores ou a limpeza das instacións”, resume Cruz sobre as consecuencias de non recuperar a actividade deste órgano.
E lembran as e os socialistas que o CEM constituíuse como un mecanismo superior de consulta, información, de participación cidadá nos asuntos referidos ás competencias municipais en materia de Educación e de asesoramento dos proxectos da lei ou dos regulamentos que haxan de ser propostos pola Xunta de Galicia.
“En definitiva, isto só é unha mostra máis de que a prioridade do executivo de Gonzalo Pérez Jácome non é a Educación”, remata lamentando a edil do PSdeG.
Enviamos enlace ao audio con declaracións da edil do PSdeG no Concello de Ourense Cristina Cruz: