O delegado territorial da Xunta reúnese con membros da directiva da asociación mirada mulleres +60

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 16 de xaneiro de 2025.- O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá con membros da Asociación Mirada Mulleres +60. A presidenta, Mª Antonia Rilo, informou ao delegado dos fins deste  colectivo e dalgunhas actividades nas que están a traballar co gallo de acadar o benestar das persoas maiores de 60 anos e de visibilizar a realidade do colectivo ao que representan, defender os seus intereses e combater determinados estigmas sociais.​