O BNG de Vilamarín insta ao Concello á elaboración dun Plan de limpeza de sumidoiros e cunetas que evite “episodios de inundacións”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Grupo municipal nacionalista no Concello de Vilamarín, entende preciso adoptar medidas para evitar que como consecuencia das cada vez máis frecuentes choivas intensas, “se produzan problemas de mobilidade en pistas totalmente anegadas ou mesmo a inundación de vivendas e garaxes da veciñanza”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Vilamarín, 19 de xaneiro de 2025. O Grupo municipal do BNG no Concello de Vilamarínrexistrou unha iniciativa diante do Pleno municipal co obxectivo de pór fin aos “episodios de inundacións, que son cada vez maiores e poñen en evidencia a falta de mantemento de cunetas e sumidoiros no noso termo municipal”. 

Así o sinala o Portavoz dos nacionalistas no Concello Breixo Fernández, quen sinala que “a limpeza destes conductos é fundamental para que a auga teña un percorrido claro que se aproxime o mais posible ao seu cauce natural e, deste xeito, se eviten as continuas inundacións, riadas ou atascos”.

É e que tal e como argumentan desde o BNG na súa moción, “vemos como cada ano as choivas son máis intensas e frecuentes, provocando problemas de mobilidade en pistas totalmente anegadas ou mesmo causando graves prexuízos á veciñanza co anegamento das súas vivendas e garaxes”. 

Din desde a formación nacionalista que esta iniciativa parte da “crecente preocupación polo estado das cunetas en lugares como Arbor, Oxen, Gosende, A Pica ou Bainte e unha vez comprobado que este non é un problema puntual deses lugares senón que é estructural, extendéndose por todo o termo municipal”, e engaden, “consideramos que é prioritario que o Concello actúe en todo o territorio municipal”.

Breixo Fernández entende necesario que para evitar que este problema se reproduza todos os anos “é preciso que elaborar un plan que contemple un mantemento periódico de cunetas e sumidoiros, independentemente de que a titularidade dos terreos sexa ou non municipal, motivo polo que instamos ao Goberno Local a que antes de que comece o inverno se inicien as tarefas de limpeza de cunetas, sumidoiros ou calquer outro conducto cuxa falta de limpeza incremente o risco de inundacións con independencia de cal sexa a titularidade dos mesmos”.