Cruz Vermella programa un curso de Primeiros Auxilios para os meses de febreiro e marzo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Asamblea Comarcal de Cruz Vermella do Carballiño vén de convocar a apertura de inscricións para participar nun curso de formación en Primeiros Auxilios, que se desenvolverá os días 15 e 22 de febreiro e 15, 22 e 29 de marzo, cun total de 40 horas de teoría e práctica. As persoas que se anoten terán a oportunidade de converterse en ‘socorrista terrestre’, de xeito que quedarán perfectamente capacitadas para facer fronte a situacións de emerxencia.

Así, os cursillistas aprenderán a atender feridas, queimaduras, atragantamentos e outras situación nas que é necesario aplicar protocolos específicos que garantan a boa atención dunha persoas no marco dun accidente na vida cotián, de xeito que ao longo do cursiño poranse en práctica as maniobras e procedementos axeitados nun un entorno seguro.

Cruz Vermella fixa a data do 11 de febreiro como límite de matriculación para este periodo de formación, que se pode formalizar no enlace https://forms.office.com/e/muJvq9zSbe, pasando pola sede da Asamblea Comarcal no Carballiño, ou chamando ao teléfono 988.273.042.