Luis Menor aposta por un turismo ‘sostible’ no acto “Ribeira Sacra, candidatura a Patrimonio Mundial” en FITUR

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, puxo en valor o turismo ‘sostible’ no acto “Ribeira Sacra, candidatura a Patrimonio Mundial e compromiso coa mobilidade sostible”, celebrado no expositolr de Galicia en FITUR. Luis Menor ratificou o compromiso “inquebrantable e firme” da Deputación de Ourense coa Ribeira Sacra, destino que calificou como “definido, maduro e singular”, destacando tamén os “séculos de historia” que compoñen este territorio compartido entre as provincias de Ourense e Lugo.

O presidente da Deputación tamén fixo un chamamento a manter a base dun turismo “sostible”, unha meta para conservar, dixo, “a esencia da Ribeira Sacra, a esencia do cuidado co que este tesouro chegou aos nosos días”. Asemade, valorou o gran traballo realizado para presentar unha candidatura sólida ante a Unesco, confiando en que “moi pronto” se consiga o obxectivo.