Ribeiro en Común solicita sacar a concurso a dirección da Aula Municipal de Teatrto de Ribadavia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ribeiro en Común vén de presentar unha moción para que o Concello de Ribadavia saque a concurso público a dirección da Aula Municipal de Teatro, despois de que a mala xestión do alcalde e da concelleira de Cultura levaran a perder case o 70 %, dous terzos, do alumnado. Esta formación político volta reivindicar que se adopten medidas por parte do goberno local e do Concello para que a Aula Municipal de Teatro volva a súa proxección de mellora e de aumento da calidade, ao traverso dun concurso público que elixa unha nova dirección.

Lembran que a Aula de Teatro de Ribadavia pasou de 75 alumnos e alumnas a só 25 a comezos de ano (que poderían ser menos, xa que nos consta algunha baixa máis) , o que supón a perda de 50 alumnos e alumnas, debido a decisión unilateral do goberno municipal de prescindir de Rosa Puga, a iniciadora da aula e última directora. E engaden que esta decisión do goberno fora amplamente protestada no seu día, incluíndo peticións unánimes do alumnado, a pesar do cal o goberno fixo caso omiso e adoptou unha actitude de imposición e autoritarismo, que levou a esta aula formativa a unha caída récord de alumnado e a un malestar xeral.

Nese sentido, Ribeiro en Común volta reclamarlle ao goberno municipal máis humildade e diálogo, abandoando actitudes autoritarias , e que retomen esta vía do concurso público, tal e como a anterior dirección da aula e todo o alumnado lle solicitara ao alcalde e á concelleira de Cultura. Tamén consideran que o PP está incumprindo as promesas ás que se comprometeu en febreiro de 2024, de sacar a concurso público a dirección da escola de teatro.