Un home de 51 anos faleceu esta mañá ao chocar o vehículo que conducía contra un muro na estrada entre Cambeo e Ponte dos Frades, no municipio de Amoeiro. O sinistro producíase ao fío das 8,23 horas, na localidade de Bóveda, cando o turismo modelo Renault Laguna que pilotaba en sentido ascendente no quilómetro 3,400 da estrada OU-0525 saíase da calzada pola marxe esquerda da vía e impactaba contra un muro situado nas inmediacións.
Ata o lugar dos feitos acudiron dúas patrullas motorizadas e un equipo de investigación de sinistros do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, ademais dun equipo de bombeiros do Consorcio Provincial de Incendios, que foi movilizado para liberar do interior do vehículo o corpo do conductor e único ocupante, do que os servizos médicos do 061 personados só puideron certificar a súa defunción.
Unha inspección ocular realizada polos técnicos de Tráfico comprobou que o conductor non facía uso do cinturón do seguridade, cuxa utilización é preceptiva para garantir unha mínima seguridade cando se circula pola estrada.