Viía Galega e Galiza Cultura reuniranse, hoxe, coa portavoz do Grupo do BNG, Ana Pontón e co portavoz do Grupo Parlamentar de  PP, Alberto Pazos, co obxecto de  desbloquear a”Comisión para o estudo sobre a posíbel modificación do Himno”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

 Vía Galega e Galiza Cultura reuniranse, mañá, coa portavoz do Grupo do BNG, Ana Pontón e co portavoz do Grupo Parlamentar de  PP, Alberto Pazos, co obxecto de  desbloquear a”Comisión para o estudo sobre a posíbel modificación do Himno”, constituída, o tres de xullo de 2024, no Parlamento.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

 Ambas reunións terán lugar no Parlamento, o martes, día 28, ás 12h e 13h, respectivamente, e continuamos á espera de que os portavoces do PSOE e DO nos confirmen as súas reunións.

 O 20 deste mes, Vía Galega e Galiza Cultura, solicitaban unha reunión con cada un dos e das  portavoces dos grupos parlamentares para que definitivamente se restaure a letra do noso Himno, segundo o texto orixinal de Eduardo Pondal. Van máis de 16 meses (26 de setembro de 2023) que se debatía no Parlamento Galego a Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular para a restauración do texto fidedigno do himno galego e a súa difusión, promovida por Vía Galega e Galiza Cultura e avalada por preto de 16.000 sinaturas. Infelizmente non foi tomada en consideración, ao contar só co apoio do BNG e cos votos en contra do PP e do PSOE. Tanto o PP como o PSOE pretenderon xustificar o seu voto en contra, comprometéndose a constituír unha comisión do Parlamento para abordar o tema. O propio portavoz do PP afirmaba  que antes do remate do ano 1923 o tema estaría resolto.

O PP non só adiou nove meses a constitución no Parlamento ( 3 de xullo de 2024) a “comisión para o estudo sobre a posíbel modificación do Himno,senón que xa van máis de sete meses da súa constitución e, nin sequer, se fixou a orde de traballos, amosando, máis unha vez, o total desleixo e desconsideración do PP co noso Himno Van 28 anos que se presentou por primeira vez, no Parlamento, unha iniciativa do BNG para restaurar o Himno. Mais, o PP sempre buscou desculpas inxustificadas, aprazamentos deliberados e argumentos inconsistentes para impedira a restitución da letra do Himno Galego-

Pensamos que son “chegados os tempos” para que dunha vez por todas -despois de diferentes iniciativas parlamentares iniciadas xa o ano 1996- se desbloquee a actual situación é que o texto do noso Himno se restaure e se divulgue de forma masiva na sociedade galega. Esa é a pretensión das reunións solicitadas con todas e todos os portavoces dos Grupos Parlamentares