O mellor cinema internacional protagoniza a programación de Cine Club Carballiño para este mes de febreiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Despois dun mes de xaneiro adicado integramente ao cine español, neste mes de febreiro, Cine Club Carballiño vai dar un repaso ao panorama internacional, con películas de diferentes países. A programación comeza mañá, domingo día 2 cunha película arxentina, a comedia “Puan”, protagonizada porMarcelo Subiotto (premio á mellor interpretación no Festival de San Sebastián) e Leonardo Sbaraglia. O filme está nominado nos Goya a mellor película iberoamericana, e gañou o premio a mellor guión en San Sebastián. Forma parte do progrma ‘Filmoteca’, con entrada única a 3 euros. A única sesión terá lugar no Auditorio Manuel María do Carballiño ás 19,00 horas.

Ovenres día 7 proxectarase ás 20,00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22,30 horas en VOS unha das películas máis impactantes deste ano, “La sustancia”, dirixida por Coralie Fargeat e protagonizada por Demi Moore e Dennis Quaid, dous auténticos veteranos. Unha reflexión sobre o corpo e a xuventude eterna que está nominada a cinco premios Óscar, entre os que están catro dos máis importantes (mellor película, mellor actriz, mellor dirección e mellor guión). Demi Moore foi premiada como actriz co Globo de Ouro, e o filme ten numerosas nominacións  nos BAFTA. Gañou o Premio do público no Festival de Toronto e o de mellor guión no Festival de Cannes. Sen dúbida, unha das películas do ano.

O venres día 14 ofrecerase a ópera prima da directora Mareike Engelhardt, “Las hijas del califato”, filme francés que narra a introducción dunha rapaza nova nas redes do ISIS, interpretada magníficamente por Megan Northam, nominada nos César a mellor actriz revelación. Os pases serán coma sempre ás 20,00 en versión dobrada ao castelán e ás 22.30 horas en VOSE o domingo 16, ás 19,00 horas en versión orixinal subtitulada, haberá outra sesión de ‘Filmoteca’coa película iraní “Los osos no existen”, de Jafar Panahi, gañadora do León de Ouro no Festival de Venecia.

A programación continúa o venres día 21 con outra película que compite nos premios Óscar, neste caso na categoria de mellor película internacional, “Yo capitán”, do italiano Mateo Garrone, un drama centrado na inmigración a través do Mediterràneo. Nominada tamén nos Globos de Ouro, o filme foi premiado co premio do público en San Sebastián e co León de Plata á mellor dirección no Festival de Venecia. Os pases serán, coma sempre ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán é ás 22:30 horas en VOS.

Cine Club Carballiño pechará o mes de febreiro o día 28 cunha verdadeira xoia, “Bird”, de Andrea Arnold, centrada na historia de Bailey, unha rapaza da 12 anos que vive co seu pai solteiro e o seu irmán nunha casa ocupada. Unha película fermosísima e emotiva. Poderémola ver ás 20:00 en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS.