Comunicado de Procapd para poñer en valor o traballo de tódalas asociacións que forman parte de Cermi

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

COMUNICADO PROCAPD :

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

ESENCIAIS E NECESARIOS NO MUNDO DA DISCAPACIDADE.

Logo da intervención do presidente de CERMI, D. Ramón Sestayo no pleno da Deputación do día 31 de xaneiro, explicando o labor que día a día levan a cabo, a plataforma PROCAPD quere poñer en valor o traballo de tódalas asociacións que forman parte da entidade, o que así o transmitimos nós na nosa intervención previa a participación do señor Sestayo, referíndonos as entidades sociais do terceiro sector pois todos somos necesarios e todos temos cabida no mundo da discapacidade na nosa provincia.

Queremos denunciar publicamente o que consideramos que foi por parte do grupo popular ourensán da Deputación un intento de enfrontamento entre o CERMI e os nosos obxectivos que non sendo iguais, son en ámbolos casos lícitos e lexítimos. Polo tanto reiteramos o noso total recoñecemento ao seu traballo coma non pode ser doutro xeito. Somos todos piares esenciais e necesarios no mundo da discapacidade galega.