O día 31 de xaneiro do 2025 a plataforma PPROCAPD asiste atónita ao discurso do Sr Menor no pleno da Deputación de Ourense : “ao mellor eu tomaría outra decisión, pero non é a miña competencia … aquí non imos arranxar nada.”
A Real Academia Galega utiliza o verbo VIRAR con este exemplo : “non se pode fiar destes políticos que viran con tanta facilidade”.
O Sr. Menor “cambia a chaqueta”: o día de 20 de decembro do 2024 votaba a favor da xestión directa do CAPD ourensán facendo fincapé en que Ourense tiña que ser igual cas demais provincias galegas, tendo un CAPD con xestión pública e directa, agora parece que isto non é da súa competencia. Corenta e tres (43) días despois virou de voto. Dixo “NON” a xestión pública do centro de atención a persoas con discapacidade. Queda claro que os dirixentes do PP da Deputación de Ourense escoitan e fan o que dende o Partido Popular se lle pide, indo en contra de 50.000 ourensáns. En contra do que lles gustaría ter votado, ao mellor el tomaría outra decisión… e teñen que dicir que chove.
Venden na prensa e nas súas intervencións públicas excelentes palabras e predicións do que vai ser o noso CAPD. Escoitar pois o discurso do presidente, o Sr. Menor, causa nas familias unha frustración, un descontento e un enfado importante.
O Partido Popular galego, respecto a xestión do CAPD, segue mentindo e confundindo a poboación ourensá. Non está chovendo por nós…
Ás familias do PROCAPD non estamos confundidas e dende logo que non queremos confundir a ninguén.