Xosé A. Touriñán presentará o 23 de maio no Carballiño o seu espectáculo “Aquí tou!”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Auditorio Manuel María do Carballiño acollerá o venres 23 de maio, venres, dende as 21,00 horas, o novo espectáculo do humorista Xosé Antonio Touriñán, “Aquí tou!”, un monólogo no que conta a súa vida dende neno ata a actualidade e no que utiliza imaxes antigas e novas da súa traxectoria. A presentación desta actuación tivo lugar hoxe na Casa do Concello a cargo de Diego Fernández, concelleiro de Cultura, e Indalecio Caballero, da empresa Moita Merda Producións.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“É o espectáculo dun dos grandes expoñentes do panorama artístico de Galicia e que vai ter unha repercusión importante no Carballiño, xa que se espera vaia atraer a moita xente e iso vino notar o sector da hostalería da vila”, indicou Diego Fernández, que lembrou o éxito acadado por Touriñán na súa última presenza no Auditorio, “xa que houbo que ampliar de un a tres pases a súa actuación en dous días”.

O representante da produtora, Indalecio Caballero, apuntou que as entradas para este espectáculo xa están a disposición das persoas interesadas, a un prezo de 16 euros, en giglon.com, aínda que tamén se poden adquirir físicamente na Parrillada Veracruz do Carballiño. Un monólogo que xa acadou un éxito importante nas cidades da Coruña, Vigo e Ourense, e no caso da vila do Arenteiro espérase unha gran afluencia, con 200 entradas vendidas ‘on line’ para un aforo aproximado de 400 butacas. Ao respecto, Diego Fernández alertou sobre a posibilidade de que se esgoten, “por iso a xente interesada en asistir debe facer a  reserva canto antes”.