José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e o alcalde de Carballeda de Avia, Luis Milia, veñen de asinar o convenio que posibilitará as obras de mellora do saneamento e depuración neste municipio. “O presente convenio ten por obxecto determinar as condicións de colaboración para o finanzamento e execución das obras, establecendo o réxime da posterior entrega das mesmas para o seu mantemento e conservación”, explicou José Antonio Quiroga.
Na actualidade, hai tramos das infraestructuras municipais de saneamento nos núcleos de Abelenda, Carballeda e Vilar de Condes que, pola súa antigüidade, atópanse moi deteriorados, producíndose constantes perdas nos puzos de rexistro nas épocas de choiva, de xeito que para solucionar a problemática existente proxectáronse varias actuacións. Concretamente, no núcleo de Abelenda renovaranse aproximadamente 250 metros da rede municipal de alcantarillado, e construirase unha nova captación de auga no río Gateira.
Na localidade de Carballeda, procederase á renovación de 530 metros da rede de saneamento, así como tamén á demolición e retirada da tubería e puzos fóra de servizo na marxe dereita do río Maquians, e construirase unha nova estación de bombeo de augas residuais. Finalmente, no núcleo de Vilar de Condes renovarase un tramo de aproximadamente 410 metros da rede de alcantarillado.
O investimento total necesario para acometer estes traballos estímase nun montante de 525.000 euros, cunha achega do 95% por parte da Confederación Hidrográfica, mentres o 5% restante vai ser aportado polo Concello de Carballeda de Avia. Deste xeito, “formalízase o compromiso de colaboura da Confederación cos municipios desta demarcación, en aras de avanzar na conservación e mellora do medio ambiente, de cara a conquerir un desenvolvemento máis sostible”, concluíu o presidente do organismo de conca.