A veciñanza do Carballiño xa dispón dun punto de acceso na Casa do Concello para a renovación do DNI electrónico

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Carballiño dispón dende hoxe na Casa do Concello dun ‘Punto de Actualización do DNI Securizado’ (PADS) para a renovación do documento nacional de identidade, unha vez posta en marcha a terminal correspondente por parte da Dirección Xeral da Policía. Este terminal vén de incorporarse xunto aos de Allariz, Xinzo de Limia e Celanova, na provincia de Ourense, e nos que a Policía Nacional non dispuña de unidades de documentación permanentes, permitindo así á cidadanía residente nestes municipios o acceso á Administración pública. Este proxecto, financiado polo ‘Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia’ da Unión Europea cos fondos Next Generation, pretende brindar un servizo máis accesible á cidadanía, facilitando xestións que, ata o de agora, requerían o desprazamento a outras localidades.

O pasado 29 de xaneiro levouse a cabo a posta en marcha do terminal instalado no Concello de Allariz, mentres que o día 30 quedou inaugurado o de Xinzo de Limia. E, no día de onte, iniciaron a súa actividade os terminais ubicados no Carballiño e Celanova. Nestes actos contouse coa presenza das autoridades municipais, ademais do comisario xefe provincial da Policía Nacional en Ourense. Ao comezo da actividade destes catro PADS hai que sumar a existencia de tres máis que xa se atopaban en funcionamento nas dependencias da Comisaría Provincial de Ourense; dous na Unidade de Extranxería e Documentación de Verín e un máis instalado na Unidade de Documentación do Barco de Valdeorras.

Estes PADS están habilitados para a renovación dos certificados electrónicos, ao traverso da presenza física do titular do documento e a comprobación da identidade do mesmo coa lectura da súa tarxeta e as plantillas biométricas (impresións dactilares) capturadas no anterior proceso de expedición do DNI. Así poderase levar a cabo de xeito autónomo o procedemento de renovación dos seus certificados electrónicos ou realizar o cambio da contraseña de acceso. Esta renovación faise de xeito voluntario, gratuíto e por iniciativa do propio cidadán.