Unha colisión ocurrida esta tarde entre dos vehículos no Carballiño saldouse cunha persoa ferida. O suceso tiña lugar ao fío das 17,00 horas na rúa Francisco Castelló, un dos tramos urbanos da estrada N-541, ao chocar dous turismos frontalmente, resultando con feridas o ocupante dun dos automóbiles. Un equipo do Servizo de Emerxencias do Concello do Carballiño desprazouse ata o lugar do sinistro tras recibir unha alerta do CIAE 112, apoiando ás forzas de seguridade na regulación da circulación vial e, posteriormente, procedendo á limpeza da calzada, xa que o accidente produxo un verquido de aceite.
E neste mesma mañá, os efectivos de Emerxencias tamén levaron a cabo a retirada dunha farola coa que impactou outro vehículo na noite do pasado martes, ubicada nas inmediacións da rotonda da rúa Pontevedra. Asemade, tamén limparon os restos que quedaron na calzada, resultantes dos desperfectos dese automóbil.